Fin de lenzo

pintura sobre lenzo

pintura sobre lenzo

Este  blog se pecha. Con el aprendín a facer un blog e agora empezarei de novo noutro espacio.

Igual me pasou  con este lenzo no que intento  representar a aprendizaxe a cousas novas. Este curso co nacemento deste blog tamén  me lancei a pintar.

Con este cadro descubro agora que  os seus primeiros brochazos son os que gardan toda a forza, os que levaban o impulso do que quería expresar. Agora que está na miña habitación rematado perdeu gran parte do seu significado. Por sorte deixei recollida nesta foto as súas primeiras manchas para enviarllas a unha amiga. Agora que xa o teño rematado descubro que perdeu a intensidade coa que nacera.

O próximo curso estarei en quinto de primaria e as TIC entrarán a forma parte non só do mobiliario senón tamén  da didáctica  da miña aula.  Non me quero perder a emoción de aprender. A primeira intensidade que poñemos nos primeiros brochazos  me servirá de    impulso para o  vindeiro curso escolar.

Excursión fin de primaria.

Torre de Hércules desde a Casa dos Peixes

Torre de Hércules desde a Casa dos Peixes

Estivemos alá, na Coruña,  os dous curso de sexto co pack educativo completo que A Coruña  ofrece aos centros escolares ano tras ano: Domus, Casa dos Peixes, Casa das Ciencias, Planetario. Pasamos  no autobús diante da Torre, vímola pero ninguén tivo o valor de dicir que era fermosa. Aquela mole de pedra que a pesar dos anos  sigue en pé, firme, aberta ao  mar e  ao vento, alumea coma un faro de recente construción.  Cada quen buscou a súa particular  desculpa para retratala sen ter que mirala de frente. Eu busquei a miña. Hoxe a Torre de Hércules xa é Patrimonio da Humanidade.

Pedagoxía da arte e da palabra

 
Miguelanxo Prado
Miguelanxo Prado
Procedencia da imaxe

 Miguelanxo Prado, autor de comic, pintor.

ou Ofelia, ou Medusa. Sen elección. Condenadas á inocencia, ao silencio. A todos os silencios.
Pero se coñecemos á dama da poza, se buscamos a razón do abismo e aprendemos a rotación da lúa, nunca máis levaremos a grinalda de Ofelia e as flores non volverán ser brancas. Branca só a palidez da pel, o reflexo da lúa.
Vencedoras de Perseo, nunha illa sen mapas, recolleremos os corpos, virán á nosa praia, todas, todas as que levaron a estrela na fronte e escoitaron as buguinas do mar, as que buscaron o seu cuarto e deixaron un sombreiro sobre as augas
de As amantes de Hamlet, 2003
 

 Marta Dacosta, muller sindicalista, muller poeta.

Debuxos de sexto

Na miña clase  usamos a plastica para facer debuxos con ceras pero tamén para elaborar cómics cos que traballamos as linguas.

Debuxos de plática

Debuxos de plástica

Arte e escola

Debuxo da miña clase

Debuxo da miña clase

Sempre pensei que a área de plástica xogaba un papel primordial na integración do alumnado na aula. Agora xa está demostrado:  a plástica é unha área básica para loitar contra o fracaso escolar. 

A creatividade na expresión plástica é unha ferramenta imprescindible para conseguir bos resultados escolares. Fomenta comportamentos axeitados de conducta co resto do grupo e persegue a  aceptación de cada persoa tal cal é.

Pintaron rostros de mulleres

Violeta Parra xa é historia

Coñecín a música de Violeta Parra cando tiña dezasete anos e empezaba os meus estudos de maxisterio. A miña amiga Ana Ferreiro tiña un irmán, Armando,  que atesoraba todos os discos de vinilo cos que unha persoa poda soñar. Nesa época foi cando organizamos na escola de maxisterio de A Coruña un recital de música e poesía latinoamericana.  Ana, Agustín, Charo Barrio, Rubén, Sesma, Xosé, Tino, Xulia  e tanta xente que traballou para encher aquel salón de actos  da antigua Escuela Normal de Maxisterio.

Era o final da miña adolescencia, cando a adolescencia chegaba máis tarde.  De Agustín  aprendín, para que mentir! todas as cousas que sei da miña profesión.

Dereitos e obrigas

 

Alguén portaba este cartel o día das Letras Galegas

Alguén portaba este cartel o día das Letras Galegas

O dereito a falar un idioma debe levar consigo a obriga de coñecelo. Desde hai séculos o galego é o idioma propio do noso país e serve para comunicarse coa xente de aquí. É lóxico pensar na obriga a entendelo e saber falalo. Esta debe ser unha competencia a acadar dentro do sistema educativo. De non ser así nunca teremos a liberdade a falalo porque dous non falan se un non quere ou non sabe.

Este é o motivo polo que amablemente esiximos poder exercer o dereito social e lingüístico a comunicarnos en galego.  

Caen chuzos

 

17 de maio de 2009 en Compostela

17 de maio de 2009 en Compostela

Aínda que chova o galego non se encolle.

Quérote ou quéroche?

 

Nunca choveu que non escampara

Nunca choveu que non escampara

É moi habitual confundir o uso do te co uso do che. Hai casos nos que pola súa importancia  debemos ter moito coidado para que non interpreten mal os nosos sentimentos.

Por exemplo, podemos dicir:

- Quéroche o teu bocata aínda que non mo queres dar. Aínda así  quérote ben.

Rosalía entre nós

 

Vigo. Aquí se publicou Cantares Galegos

Vigo. Aquí se publicou Cantares Galegos

No casco antiguo de Vigo está esta placa conmemorativa que nos lembra que no ano 1863, Rosalía de Castro publicou o seu libro de poesía Cantares Galegos

17 de maio en Compostela

 

Manifestación do día das Letras Galegas en Compostela

Manifestación do día das Letras Galegas en Compostela

As rúas de Compostela estiveron cruzadas por un río de xente que  chegaba de todas partes e manifestaba a súa opinión dunha forma pacífica e  democrática.

Quen impón a quen

 

Cartel feito por escolares

Cartel feito por escolares

Ponte do meu lado

A lingua é unha ponte que nos une e con ela aprendemos a  escribir e a falar.

17 de maio: día das letras galegas

cartel escolar

cartel escolar

O 17 de maio de 1963 comezou a celebrarse o Día das letras Galegas.

Onde se pode cantar un himno

A exitosa serie da TVG Padre Casares aproveitou a ocasión  para entonar a Internacional diante do seu público e en plena igrexa.

 Xa sabemos que en Galicia as crenzas tradicionais están moi arraigadas entre o pobo e non é doado quedarse ao marxe delas. Atopar a crentes, agnósticos e ateos convivindo xuntos pola graza de deus é o mellor que ás veces pode suceder.

Unha fermosa historia de amor

Bailando con lobos é unha fermosa película na que se nos conta unha romántica historia de amor. Na película, Kevin Kostner aprende a falar o idioma dunha tribu americana polo amor dunha muller e polo seu sentido do deber e da xustiza. Todo isto vaille facer cambiar o rumbo da súa vida.
Memorable! Aguanta moi ben o paso dos anos.

Miña nai dos dous mares

Hai máis de  30 anos, un señor chamado Juan Pardo sacaba un disco en galego. Daquela eramos xóvenes e resultaba doado soñar con utopías. Así que non nos tomamos nada en serio este disco que visto desde hoxe fainos pensar que pode que naquel momento  pecaramos de despreciativos. Quen sabe!

Galicia: miña nai dos dous mares.

Quen sabe cantar o himno galego?

A Selección Galega de fútbol  non o sabe, a xuzgar por este vídeo. Ou máis ben será que o deles  non é o canto.

O himno de Galicia foi escrito por Eduardo Pondal e musicado por Pascual Veiga.

Cantando en bilingüe: lembranzas